A comunidade de WordPress en España usa Slack para toda a comunicación interna. Grazas a esta ferramenta, os equipos de Traducións, Core, Meetups ou WordCamps pódense coordinar dunha maneira áxil e colaborativa. Aproveitando a súa experiencia e xenerosidade , durante a WordCamp Pontevedra ( A primeira #WordCamp en Galicia!) creamos unha canle para coordinar a tradución ao galego de WordPress.
O acceso é libre e de balde; para iso seguiremos os seguintes pasos (tal e como nos explican en WordPress España):
- Ter unha conta nos foros de soporte de WordPress.org. Se non a tes pódela rexistrar aquí.
- Ao ter unha conta de WordPress.org, automáticamente teras un enderezo electrónico do estilo usuario@chat.wordpress.org no teu perfil.
- Rexistra a conta en Slack a través desta ligazón introducindo o teu nome de usuario de WordPress.org.
- Inicia sesión en wpes.slack.com e instala as apps en todos os teus dispositivos.
- Vémonos no Slack!
Se o precisas, aquí tes máis información sobre Como colaborar co equipo de tradución a galego
Lembra: O SLACK NON É PARA SOPORTE, todo o relacionado con soporte realízase nos foros da comunidade (en español, polo momento non temos soporte en galego)
1 pensamento en “Cómo unirse ao Slack de WordPress Galicia”