Descrición
WooCommerce é unha solución de comercio electrónico flexible e de código aberto baseada en WordPress. Xa sexa que esteas lanzando un negocio, levando unha tenda de ladrillos e morteiro online, ou deseñando webs para clientes, podes empezar rapidamente e crear exactamente a tenda que queres.
Activa o plugin gratuito de WooCommerce nun sitio WordPress novo ou existente, sigue a visita guiada opcional e crea unha nova tenda en cuestión de minutos:
- Páxinas de produto, carriño e finalizar a compra
- Pagos seguros con tarxetas de crédito e outras alternativas
- Opcións de envío configurables, incluíndo tarifas planas e impresión de etiquetas
- Integra o contido e o comercio no teu sitio mediante bloques modulares
- Cálculos automáticos de impostos
- Integración con Google Analytics, MailChimp e Facebook
- Escritorio centralizado da tenda con métricas clave, e máis.
Máis alá do básico, WooCommerce é totalmente personalizable e ampliable:
- Elixe un deseño que se adapte á túa marca e ao teu sector.
- Mellora a túa tenda con extensións gratuítas e de pago: engade funcións e intégraas con servizos web de comercio electrónico locais e globais.
- Revisa e modifica calquera aspecto do código do plugin principal.
- Aproveita os ganchos e filtros para modificar funcións.
- Construído sobre a REST API e webhooks.
As liberdades do código abierto significan a propiedade total do contido e dos datos para sempre – máis a experiencia duhna amable comunidade global.
WooCommerce está deseñado para permitir aos xestores de tendas administrar eles mesmos un sitio de comercio electrónico, sen necesidade de ter un desenvolvedor web. Hai tamén unha aplicación móbil gratuíta de WooCommerce (Android e iOS) para a xestión de tendas onde queira que esteas.
WooCommerce é desenvolvido e mantido por Automattic, os creadores de Jetpack e WordPress.com, xunto con colaboradores independentes. O mercado oficial de extensións está en WooCommerce.com.
Desde subscripcións a clases de ximnasio ou coches de luxo
Con WooCommerce podes vender produtos físicos e dixitais de calquera forma ou tamaño, ofrecer variacións de produtos, configuracións múltiples e descargas instantáneas para os compradores e incluso podes vender produtos afiliados de mercados online.
E esas son só as opcións que veñen de fábrica. Con extensións de pago podes ampliar a túa tenda WooCommerce para facer reservas, ofrecer membresías, establecer pagos periódicos por subscripción, crear regras dinámicas de prezos, e moito máis.
Lanza unha subscripción mensual de viño, ofrece un desconto en colchonetas de ioga aos membros que asistiran a máis de 10 clases, ofrece cestas configurables ou xoias personalizadas – todo é posible con WooCommerce.
Amplias opcións de pago
WooCommerce inclúe a posibilidade de aceptar as principais tarxetas de crédito, métodos de pago alternativos, BACS (transferencias bancarias) e pago contra reembolso.
Para opcións adicionais, WooCommerce tamén se integra con máis de 140 pasarelas específicas por rexión, incluíndo algunhas opcións populares como Stripe, PayPal, Square e Amazon Pay. Apple Pay e Google Pay tamén están soportadas.
Busca o teu provedor de servizos de pago preferido no mercado oficial.
Vende localmente e globalmente
Os envíos con WooCommerce son extremadamente configurables. Adapta os axustes integrados para ofrecer envío gratuíto ou con tarifa plana, limita os teus envíos a países específicos establecendo zonas de envío ou abre a túa tenda ao mundo.
As extensións oficiais conéctante con centos de transportistas locais e internacionais – incluíndo Royal Mail, FedEx, e Australia Post – e permítenche integrarte con provedores de xestión e execución de inventario.
Tamén hai extensións dispoñibles para engadir opcións de entrega e envío e é compatible con estratexias como compra un leva outro gratis, regalos gratis e máis extensións. WooCommerce Shipping permite cálculos en tempo real e imprimir etiquetas desde casa.
Deseña a túa tenda con temas e bloques
O deseño dunha tenda WooCommerce empeza elixindo un tema que che guste. Hai centos dispoñibles, gratis e de pago, incluíndo Storefront de Automattic — que é gratis para todas as tendas e podes elixir instalalo durante o asistente de instalación.
Storefront ofrece unha integración profunda con WooCommerce e prioriza a velocidade e o tempo de actividade. Podes engadir a túa marca e definir o teu estilo personalizando Storefront ti mesmo ou engadindo un dos moitos temas fillo de Storefront dispoñibles.
Personaliza aínda máis o deseño da túa tenda cos bloques de WooCommerce (dispoñibles en WooCommerce 3.6 e superior) — úsaos para engadir seleccións de produtos ou produtos individuais a calquera páxina, para unha mezcla perfecta de comercio e contido.
Personaliza a túa tenda con extensións
A maneira máis fácil de engadir características e funcionalidade a unha tenda WooCommerce é cunha extensión:
- Vende o que sexa – Subscripcións, membresías, reservas, paquetes de produtos e máis.
- Fai a túa tenda á túa maneira – Engadidos a produtos, editor de campos de pago, imaxes adicionais para variacións e máis.
- Personaliza as túas opcións de envío – Envíos con tarifa plana, seguimento de envíos, tarifas en directo desde os principais transportistas e máis.
- Encontra o teu público, vende á túa maneira – Feed de produtos de Google, chat en directo, integración con mercados de Amazon/eBay e máis.
- Impulsa as vendas – Prezos dinámicos, cupóns intelixentes, Google Ads e máis.
Hai centos de extensións oficiais revisadas polos desenvolvedores de WooCommerce dispoñibles no mercado de WooCommerce.com, e moitas no repositorio de WordPress.org e na web en xeral.
Controla os teus datos para sempre
WooCommerce dáche un control completo – desde os impostos ata os niveis de inventario e as contas dos clientes. Engade e elimina extensións, cambia o deseño da túa tenda e cambia de tema, de servidor ou de provedor de servizos de pago, todo ao teu gusto.
Nun mundo cada vez máis consciente da importancia da protección de datos, WooCommerce dáche plena propiedade sobre o que se rastrexa e almacena. Se optas por compartir datos de uso con nós, os teus datos son anónimos e mantéñense seguros. En calquera momento podes optar por non participar en ningún tipo de seguimento mentres gozas de todas as funcións de WooCommerce.
Con WooCommerce, os teus datos perténcenche. Un dos riscos de utilizar unha plataforma de comercio electrónico aloxada é o risco de perder a túa tenda se o provedor cerra. Os datos da tenda WooCommerce están preparados para o futuro – eres libre de exportar todo o teu contido e levar o teu sitio a onde queiras.
Por que aos desenvolvedores lles gusta WooCommerce
WooCommerce creouse orixinalmente pensando nos desenvolvedores. Construído cunha API REST, intégrase con prácticamente calquera servizo. Pódese acceder aos datos da tenda en calquera lugar, en calquera momento e de forma 100% segura.
WooCommerce permite aos desenvolvedores crear, modificar e escalar facilmente unha tenda que cumpla coas especificacións do cliente, e realizar melloras xa sexa con extensións ou con solucións personalizadas.
Non importa o tamaño da tenda que queiras crear, WooCommerce ten unha estrutura robusta que permite realizar tendas desde o básico ata o empresarial – con contidos e comercio nunha única ubicación centralizada.
WooCommerce está auditado por un equipo dedicado de desenvolvedores que traballan en diferentes zonas horarias para identificar e parchear todos e cada un dos erros descubertos. Existe unha documentación completa e de fácil acceso que se actualiza con cada versión. Cos nosos documentos, aprenderás a crear o sitio que o teu cliente necesita.
Únete á nosa crecente comunidade
WooCommerce é unha das comunidades de comercio electrónico de máis rápido crecemento. Estamos orgullosos de que a gran axuda da comunidade e a gran cantidade de recursos dispoñibles en liña se citan con frecuencia como razóns polas que os nosos usuarios a adoran.
Hay +80 meetups de WooCommerce que se levan a cabo en cidades de todo o mundo ás que podes asistir gratuitamente e incluso participar. WooCommerce tamén ten unha presenza regular en WordCamps en todo o mundo – e encantaríanos coñecerte.
Se estás interesado en contribuír a WooCommerce temos máis de 350 contribuidores, e sempre hai espazo para máis. Entra no repositorio de WooCommerce en GitHub para descubrir como podes colaborar.
WooCommerce está actualmente 100% traducido a 24 idiomas, incluíndo danés, ucraniano e persa. Se estás interesado en axudar a traducir WooCommerce engadindo o teu idioma local, visita translate.wordpress.org.
Colaboradores e desenvolvedores
«WooCommerce» foi traducido a 55 idiomas. Grazas aos tradutores polas súas contribucións. Traduce «WooCommerce» ao teu idioma.
ESTÁS INTERESADO NO DESENVOLVEMENTO?
Navega polo código, revisa o repositorio SVN, ou suscríbete ao rexistro de desenvolvemento por RSS.
Capturas
Blocks
Este plugin proporciona 9 bloques.
- woocommerce/handpicked-products
- Hand-picked Products
- woocommerce/product-categories
- Product Categories List
- woocommerce/product-category
- Products by Category
- woocommerce/featured-product
- Featured Product
- woocommerce/product-tag
- Products by Tag
- woocommerce/product-new
- Newest Products
- woocommerce/product-on-sale
- On Sale Products
- woocommerce/featured-category
- Featured Category
- woocommerce/product-best-sellers
- Best Selling Products
Instalación
Requisitos mínimos
- Recoméndase PHP 7.2 ou superior
- Recoméndase MySQL 5.6 ou superior
Visita a documentación sobre requisitos do servidor para WooCommerce para obter unha lista detallada dos requisitos do servidor.
Instalación automática
A instalación automática é a opción máis sinxela xa que WordPress controla as transferencias de ficheiros e non terá que deixar o navegador. Para facer que unha instalación automática de WooCommerce acceda ao teu escritorio de WordPress, vai ao menú Plugins e fai clic en Engadir novo.
No campo de busca teclea «WooCommerce» e fai clic en «Buscar plugins». Unha vez que nos encontres, podes ver os detalles, como a versión, a clasificación e a descrición. O máis importante, por suposto, é que poidas instalalo! Fai clic en «Instalar agora» e WordPress encargarase diso.
Instalación manual
O método de instalación manual implica descargar o complemento de WooCommerce e subilo ao servidor usando a túa aplicación FTP favorita. O codex de WordPress inclúe instrucións sobre como facelo aquí.
Actualizacións
As actualizacións automáticas deberían funcionar sen problemas, pero aínda así recomendámosche que fagas unha copia de seguridade do teu sitio.
Se por algunha razón tes problemas coas páxinas da tenda/categoría despois da actualización, só tes que forzar as ligazóns permanentes, indo a WordPress & gt; Axustes & gt; Ligazóns permanentes e premendo en “Gardar”. Isto debería volver á normalidade.
Datos de mostra
WooCommerce vén con algúns datos de mostra que podes usar para ver que aspecto teñen os produtos; importa sample_products.xml co importador de WordPress. Tamén podes usar o importador CSV ou a nosa extensión CSV Import Suite para importar sample_products.csv
Preguntas frecuentes
- Onde podo atopar a documentación de WooCommerce e as guías de usuario?
-
Para obter axuda sobre a configuración de WooCommerce, consulta a nosa guía de usuario>
Para ampliar ou personalizar WooCommerce, mira o noso codex.
- Onde podo obter soporte ou falar con outros usuarios?
-
Se quedas atrapado podes pedir axuda no foro do plugin WooCommerce.
Para axuda coas extensións de pago de WooCommerce.com, usa o noso departamento de axuda.
- WooCommerce funcionará co meu tema?
-
Si! WooCommerce funcionará con calquera tema, pero pode ser necesario un pouco de estilo. Por favor, consulta o noso codex para obter axuda. Se buscas un tema con integración WooCommerce integrada, recomendámosche Storefront.
- Onde podo solicitar novas funcións, temas e extensións de eCommerce?
-
Podes votar e solicitar novas características e extensións no noso taboleiro WooIdeas
- Onde podo informar de erros ou contribuír ao proxecto?
-
Informa dos erros no repositorio de WooCommerce en GitHub. Tamén podes informar no noso foro de soporte.
- Onde podo atopar a documentación da REST API?
-
Podes atopar a documentación da nosa API REST nos documentos da REST API de WooCommerce .
- WooCommerce é incrible! Podo contribuír?
-
Ti podes! Únete ao noso repositorio GitHub .
Comentarios
Colaboradores e desenvolvedores
“WooCommerce” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.
Colaboradores“WooCommerce” foron traducidas ao 59 locales. Grazas a os desenvolvedores polas súas colaboacións.
Traducir “WooCommerce” ao teu idioma.
Interesado no desenvolvemento?
Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.
Rexistro de cambios
3.7.1 – 2019-10-09
- Seguridade – Engadida unha saída despois da redirección ao comprobar as capacidades de arquivo do autor para os clientes.
- Seguridade – Asegurar que as páxinas 404 con URLs de produtos individuais non poden explotarse usando unha redirección aberta.
3.7.0 – 2019-08-12
- Mellora – Engadido a táboa ENGINE ao informe do estado do sistema para fins de depuración. #23101
- Mellora – Dar formato ao mensaxe de carriño vacío como aviso informativo. #23152
- Mellora – Engadir clases específicas para taxonomías ao widget de filtros activos. #23122
- Mellora – Permitir modificar o texto
Gracias
dos correos electrónicos desde os axustes de correos electrónicos. #22927 - Mellora – Mover as clases de impostos das opcións de WordPress a unha nova táboa
wc_tax_rate_classes
. #23093 - Mellora – Facer que os perfís de tenda de WooCommerce se poidan traducir. #23150
- Mellora – Evitar que as páxinas do carriño, Finalizar compra e A miña conta se configuren nas mesmas páxinas. #23479
- Mellora – Novo botón de creación de código de cupón na páxina do cupón. #24069
- Mellora – Engadido parámetro
tag_operator
ao shortcode[products]
para usalo co parámetrotag
, p.ex.[products tag='tag1,tag2' tag_operator='AND']
. #24111 - Retoque – Cando se limpan as variacións debido a un cambio de tipo de produto, forzar o seu borrado en lugar de enviar á papeleira. #23478
- Retoque – Cambiar a redacción no enlace para cambiar a dirección e así mostrar se unha dirección xa está presente ou non. #23532
- Retoque – Se faltan prezos nas variacións, mostrar un aviso no panel de datos do produto. # 23133
- Retoque – Usar
determine_locale()
para cargar correctamente os arquivos de traducción personalizados. #23785 - Retoque – OBW: cambiar a colocación das etiquetas de envío e das zonas de envío. #23781
- Retoque – Mostrar a cantidade reembolsada nos modelos de pedido orientados ao cliente. #23038
- Retoque – A importación de produtos en CSV agora permite os valores verdadeiro/falso para o campo publicado, así como os valores orixinais 0 (privado), -1 (borrador), 1 (publicado). #23207
- Retoque – Actualizada a orde dos atributos de produto na información emerxente para clarificar o uso. #23222
- Retoque – Almacena a porcentaxe da taxa de impostos na liña de artigos nos pedidos. #23268
- Retoque – Eliminar a marxe esquerda e dereita do logotipo nos correos electrónicos. #23360
- Retoque – Uso da versión de alta resolución do icono de carga de WP na interface de usuario do bloque do cupón. #23364
- Retoque – Mellora das mensaxes de validación do rexistro de usuarios. #23468
- Retoque – Autoxerar un novo nome de usuario cando un nome de usuario está na lista negra de WordPress. #23672
- Retoque – As sesións do carriño de invitados agora son borradas cando un usuario accede, evitando sesións de carriño duplicadas. #23687
- Retoque – Incluír o código postal base e a cidade da tenda ao calcular os impostos do pedido. #23695
- Retoque – Actualizada a etiqueta de descrición do axuste do nome de usuario xerado para mostrar como é xerado actualmente o nome de usuario. #23911
- Retoque – OBW: axuste de tamaño do contedor de realce do plugin para evitar o solapado. #23997
- Retoque – Retaso do redondeo das cantidades de impostos cando o axuste de redondeo a nivel de subtotal está activado para evitar erros de redondeo. #24024
- Retoque – OBW: agora inclúese WooCommerce Admin como un plugin recomendado. #24058
- Modelo – Revisión e actualización do escape en todos os arquivos de modelo. #23460
- Modelo – Eliminar do modelo checkout/form-login.php a mención á sección de envío, dado que o envío non sempre é un requisito para un pedido. #23941
- Modelo – Engadido o novo filtro
woocommerce_before_thankyou
ao modelo checkout/thankyou.php. #23538 - Modelo – Engadido o novo gancho
woocommerce_widget_shopping_cart_total
para reemplazar o subtotal codificado no modelo cart/mini-cart.php. #24145 - Modelo – Engadido o novo gancho
woocommerce_widget_shopping_cart_after_buttons
no modelo cart/mini-cart.php. #24145 - Modelo – Engadido o novo gancho
woocommerce_before_cart_collaterals
no modelo cart/cart.php. #24145 - Modelo – Correxido o uso das formas en plural no modelo loop/result-count.php. #24005
- Desenvolvemento – Introducido o novo requisito mínimo de PHP 5.6. #23924
- Desenvolvemento – Introducido o novo requisito mínimo de WordPress 4.9. # 24156
- Desenvolvemento – Movida a funcionalidade de gardar os axustes desde a función
settings_page_init
á acciónwp_loaded
, para que non se garde despois de que se mostre a páxina de axustes. #23091 - Desenvolvemento – Engadidos os ganchos de acción de entrada de cantidade
woocommerce_before_add_to_cart_quantity
ewoocommerce_after_add_to_cart_quantity
. #23166 - Desenvolvemento – Engadido o parámetro
$this
aos filtros de clase do correo electrónico. #23250 - Desenvolvemento – Engadido o novo método
WC_Abstract_Order::get_coupons()
para devolver todos os obxectos de artigos da liña de cupón nun pedido. #23663 - Desenvolvemento – Engadida a nova acción
woocommerce_product_read
aWC_Product_Data_Store_CPT::read()
. #23181 - Desenvolvemento – Engadido o novo filtro
woocommerce_admin_order_buyer_name
ao métodoWC_Admin_List_Table_Orders::render_order_number_column()
para cambiar o nome do comprador na pantalla da lista de pedidos. #23741 - Desenvolvemento – Engadidas novas accións á clase
WC_Helper
para cando cambien os estados de subscripción de produtos de WooCommerce.com:woocommerce_helper_subscription_activate_success
,woocommerce_helper_subscription_activate_error
,woocommerce_helper_subscription_deactivate_success
ewoocommerce_helper_subscription_deactivate_error
. #23041 - Desenvolvemento – Ampliado o uso e o seguimento de eventos (se se opta por iso) ás páxinas de estado do sistema, de administración de pedidos e de administración de cupóns. #23190 #23189 #23883
- Desenvolvemento – Engadidas as accións
woocommerce_after_X_object_save
e os obxectos pasados ás acciónswoocommerce_new_x
ewoocommerce_update_x
. #23338 - Desenvolvemento – Actualización en
wc_update_new_customer_past_orders()
dos totais de gasto e pedidos de cliente para activar os ganchos webcustomer.updated
para os pedidos pagados. #23402 - Desenvolvemento – Conservar as clases CSS personalizadas do campo Estado ao seleccionar unha opción do menú desplegable do País. #23433
- Desenvolvemento – Engadido o novo filtro
woocommerce_product_related_posts_shuffle
enwc_get_related_products()
para activar/desactivar os produtos relacionados aleatorios, por defecto é true. #23562 - Desenvolvemento – Descartado o método
WC_Abstract_Order::get_used_coupons()
e reemplazado cun novo métodoWC_Abstract_Order::get_coupon_codes()
. #23689 - Desenvolvemento – Engadido o novo filtro
woocommerce_prices_include_tax
na funciónwc_prices_include_tax()
. #23697 - Desenvolvemento – Engadido o novo filtro
woocommerce_admin_after_product_gallery_item
no métodoWC_Meta_Box_Product_Images::output()
para engadir unha marxe adicional despois dos elementos da galería de produtos. #23743 - Desenvolvemento – Eliminadas as imaxes non usadas
assets/images/klarna-white.png
eassets/images/square-white.png
. #23748 - Desenvolvemento – Movido o código JavaScript do método de envío gratuíto da saída de todas as páxinas de axustes de envío a só a páxina de envío gratuíto usando o gancho
admin_footer
. #23776 - Desenvolvemento – Evitar o erro fatal de PHP ao lanzar excepcións nos ganchos
woocommerce_rest_insert_{post_type}_object
. #23793 - Desenvolvemento – Engadido o novo filtro
woocommerce_enforce_password_strength_meter_on_checkout
no métodoWC_Frontend_Scripts::get_script_data()
para permitir que se aplique o medidor de fortaleza do contrasinal no proceso de pago. #23811 - Desenvolvemento – Engadido o novo filtro
woocommerce_search_products_post_statuses
no métodoWC_Product_Data_Store_CPT::search_products()
para controlar que estados de entradas incluír nas buscas de produto. #23838 - Desenvolvemento – Permitir o filtrado
woocommerce_order_formatted_shipping_address
incluso cando non se definiu unha dirección de envío. #23859 - Desenvolvemento – Cambiada a consulta no método
WC_Product_Data_Store::find_matching_product_variation()
para respetar sempre a orde das variacións. #23881 - Desenvolvemento – Mover fóra do código base de WooCommerce todas as características dos plugins e utilizar un creador e un autocargador para incluílo no núcleo de WooCommerce, afecta á API REST de WC e aos bloques de WC. #23957
- Desenvolvemento – Permitir mostrar múltiples mensaxes de erro mediante a validación do rexistro. #23968
- Desenvolvemento – Engadidos os novos filtros
woocommerce_cart_item_removed_notice_type
,woocommerce_cart_updated_notice_type
ewoocommerce_add_to_cart_notice_type
para cambiar os tipos de aviso por defecto dos avisos do carriño. #24021 - Desenvolvemento – Engadida compatibilidade de espacio de nomes para a librería de rastrexo de Jetpack 7.5. #24140
- Desenvolvemento – Engadida compatibilidade para unha mellor experiencia de navegación e compra no Marketplace de WooCommerce.com (en progreso). #24075 #24123
- Desenvolvemento – Engadidos como parámetros
$order
e$product
ao filtrowoocommerce_ajax_order_item
enWC_Ajax::add_order_item()
. #24108 - Desenvolvemento – Engadido o novo filtro
woocommerce_product_import_image_separator
enWC_Product_CSV_Importer::parse_images_field()
para axustar o separador das imaxes de produto. #24120 - Desenvolvemento – Engadida a nova función de modelo
woocommerce_widget_shopping_cart_subtotal()
que fai de gancho na acciónwoocommerce_widget_shopping_cart_total
para a saída do subtotal do mini carriño. #24145 - Desenvolvemento – A acción
woocommerce_before_cart_item_quantity_zero
deWC_Cart::restore_cart_item()
queda obsoleta en favor da acción existentewoocommerce_cart_item_removed
. #23112 - Desenvolvemento – Queda obsoleto WC_Tax::maybe_remove_tax_class_rates que enganchaba no gancho de actualización de WP Options nos impostos a favor da nova función WC_Tax::delete_tax_class_by que funciona coa nova táboa de clases de impostos. #24213
- Corrección – Uso de version_compare para determinar o número máximo da versión da base de datos de WooCommerce. #23092
- Corrección – Espazo e etiqueta de peche
<strong>
faltantes na mensaxe de desconexión de WooCommerce.com. #24073 - Corrección – Importador CSV – Omitir as filas durante a actualización se existe unha columna SKU, pero o valor está baleiro. #23262
- Corrección – Permitir que coincidan os atributos de
Any
ao chamar aWC_Product_Data_Store::find_matching_product_variation()
. #23067 - Corrección – Cambio da validación da cantidade do cupón baseado no axuste do separador decimal. #23137
- Corrección – Mostrar os resultados correctos para os shortcodes nas páxinas de inicio estáticas ao ordenalas. #23159
- Corrección – Por en espera os eventos AJAX de engadir ao carriño para evitar sobrescribir os datos da sesión. #23293
- Corrección – Subtotais erróneos ao cambiar as clases de imposto por medio do filtro
woocommerce_product_get_tax_class
. #23344 - Corrección – Erro fatal nos correos electrónicos de pedido en texto plano nos que se eliminaron produtos. #23754
- Corrección – Non pasar a PayPal o argumento
no_shipping
cando o pedido contén artigos con envío. #23773 - Corrección – O formulario de valoración do produto respeta a opción
require_name_email
do núcleo de WordPress. #23786 - Corrección – Non gardar na caché as sesións caducadas, a caducidade negativa causa erros nalgúns módulos da caché. #23863
- Corrección – Agora os rexistros de WC_Log_Handler_DB usan o mesmo formato de data que os rexistros de texto, Y-m-d H:i:s. #23863
- Corrección – Mostrar saltos de liña nos correos electrónicos de aviso ao cliente e nos datos de pedidos. #23969
- Corrección – Correxido o uso das formas de plural na clase
WC_Admin_Report
. #24020 - Corrección – A sección de información do sistema de estado da base de datos lanza un aviso PHP nalgúns entornos de BD. #24023
- Corrección – Na sección de información do sistema de estado da base de datos móstrase unha mensaxe informando aos usuarios que WooCommerce no puido obter a información da base de datos, en vez dun erro, cando está activo un plugin de fragmentación da base de datos. #24034
- Corrección – O uso e seguimento de eventos (se se opta por iso) non funcionaban correctamente en OBW. #24056
- Corrección – Erro fatal no informe de descargas cando faltaban algúns arquivos de descarga. #24118
- Corrección – Evitar que se eliminen as columnas de impostos cando o pedido xa non é editable desde a administración. #23884
- Corrección – Campo de estado sobrescrito cun valor en branco ao gardar os pedidos a través da administración de WordPress. #24301
- Rendemento – Mellora a velocidade no escritorio de administración actualizando os datos transitorios unha vez por clase. #23011
- Rendemento – Redúcese o número de consultas necesarias para completar os datos das variacións ao almacenar as cachés de publicación. #23272
- Rendemento – Melloras no carriño persistente, actualizando o carriño persistente só se os artigos do carriño realmente cambian. #23112
- Rendemento – Exclúe os tipos de comentario
action_log
dewp_count_comments
. #24071 - Localización – Engadiuse a validación de códigos postais italianos. #23269
- Localización – Eliminar os impostos locais por defecto non usados, dado que agora, no seu lugar, promovemos os servizos de impostos automáticos. #23431
- Localización – Definir formato de dirección correcta para Uganda. #23178
- Localización – Oculta o código postal e actualiza a etiqueta do estado a «Provincia» para Mozambique. #23764
- Localización – OBW: Facer que o código postal sexa opcional baseado nos datos da localidade. #23915
- Localización – Engade unha nova moeda para Santo Tomé, Príncipe dobra e Mauritania ouguiya. #23950
- Localización – Cambio da etiqueta de código postal de Canadá a
Postal code
. #23740