A licencia baixo a cal se libera o software WordPress é a GPLv2 (ou posterior) da Free Software Foundation. Inclúese unha copia da licencia en cada copia de WordPress, pero tamén podes ler o texto da licencia aquí.
Parte desta licencia describe os requisitos para traballos derivados, como plugins ou temas. Os derivados do código de WordPress herdan a licencia GPL. Drupal, que ten a misma licencia GPL que WordPress, ten unha excelente páxina en licencias que se aplican a temas e módulos (o seu término para plugins).
Existe unha área legal gris con respecto ao que se considera un traballo derivado, pero cremos firmemente que os plugins e os temas son traballos derivados e, polo tanto, herdan a licencia GPL. Se non estás de acordo, é posible que desexes considerar no seu lugar unha plataforma que non sea GPL, como Serendipity (licencia BSD) ou Habari (licencia Apache).