Política de cookies

Cookies

A nosa Política de Privacidade explica os nosos principios no que se refire á colleita, procesamento e almacenamento da túa información. Esta política especificamente explica como nós, os nosos socios e os usuarios dos nosos servicios xestionan as cookies, así como as opcións que tes para controlalas.

Qué son as cookies?

As cookies son pequenas porcións de datos, gardadas en arquivos de texto, que se almacenan no teu ordenador ou outro dispositivo cando as páxinas web se cargan nun navegador. Empréganse especialmente para ‘recordarte’ a ti e ás túas preferencias, tanto para un único usuario (mediante una ‘cookie de sesión’) como para múltiples visitas repetidas (empregando unha ‘cookie persistente’). Garanten que a experiencia dos visitantes sexa consistente e eficiente, e realizan funcións esenciais como permitir que os usuarios se rexistren e permanezan conectados. As cookies poden ser establecidas polo sitio que estás visitando (coñecidas como ‘cookies propias’) ou por terceiros, como as que ofrecen contido ou servicios de publicidade ou analítica na páxina web (‘cookies de terceiros’).

Cookies escritas por WordPress.org

Empregamos cookies con diferentes propósitos. Algunhas cookies son necesarias por razóns técnicas; algunhas permiten unha experiencia personalizada tanto para visitantes como para usuarios rexistrados; e algunhas permiten que se mostren anuncios de terceiros seleccionados. Algunhas estas cookies establécense cando se carga unha páxina, ou cando un visitante realiza unha acción en particular (facer clic no botón de ‘Gústame’ ou ‘Seguir’ dunha publicación, por exemplo).

Debaixo están destacadas as diferentes categorías de cookies establecidas por WordPress.org, con exemplos específicos detallados nas táboas seguintes, incluíndo o seu nome e propósito. Algunhas cookies só se establecen para usuarios conectados, mentres que outras establécense para calquera usuario, estas últimas están así indicadas. Cando unha cookie só se aplica a subdominios específicos, inclúese baixo a correspondente cabeceira.

Estrictamente necesario: Estas cookies son esenciais para o funcionamiento básico de WordPress.org. Inclúen as necesariais para permitir que os usuarios rexistrados se identifiquen e realicen funcións relacionadas coa súa conta.

Funcionalidade: Estas cookies empréganse para almacenar as preferencias establecidas polo usuario, como nome da conta, idioma e localización.

Rendemento: As cookies de rendemento colleitan información sobre o xeito no que os usuarios interactúan con webs aloxadas en WordPress.org, incluíndo as páxinas que máis se visitan e outros datos analíticos. Estes detalles só se usan para mellor o funcionamiento da páxina web.

Seguemento: Establécense por redes de terceiros de confianza (e.g. Google Analytics) para rastrear detalles como o número de visitantes únicos e páxinas vistas para axudar a mellorar a experiencia de usuario.

Contido incrustado ou de terceiros: WordPress.org emprega diferentes aplicacións e usuarios de terceiros para mellorar a experiencia dos usuarios das webs, incluídas plataformas sociais como Facebook e Twitter (mediante os botóns para compartir), ou contido inserido de YouTube e Vimeo. Como resultado, estes terceiros poden xerar cookies, e usalas para rastrear a túa actividade online. Nós non temos control directo sobre a información que recollen estas cookies.

wordpress.org

Cookie Duracion Propósito Só usuarios que iniciaran sesión?
devicePixelRatio Valor por defecto do navegador (1 ano) Emprégase para facer que o sitio se adapte ao tamaño da pantalla do usuario. No
wordpress_test_cookie Sesion Comproba se o navegador acepta cookies. No
__utma 2 anos Google Analytics - Emprégase para diferenciar usuarios e sesións. Esta cookie creáse cando se executa a libraría javascript e non existe ningunha cookie __utma. A cookie actualízase cada vez que se envían datos a Google Analytics. No
__utmb 30 minutos Google Analytics - Emprégase para determinar novas sesións/visitas. A cookie creáse cando se executa a libraría de javascript e non existe ningunha cookie __utmb. A cookie actualízase cada vez que se envían datos a Google Analytics. No
__utmc Sesion Google Analytics - Establécese para a interoperabilidade con urchin.js. Historicamente, esta cookie funcionaba xunto coa __utmb cookie para determinar se o usuario estaba nunha nova sesión/visita. No
__utmt 10 minutos Google Analytics - Emprégase para filtrar a taxa de peticións. No
__utmz 6 meses Google Analytics - Almacena a fonte do tráfico ou a campaña que explica como o usuario chegou ao teu sitio. Esta cookie créase cando se executa a libraría javascript e actualízase cada vez que se envían datos a Google Analytics. No
wp-settings-{user_id} 1 ano Emprégase para manter a configuración do wp-admin do usuario. Si
wporg_logged_in
wporg_sec
14 días se seleccionaches “Lembrarme” cando iniciaches sesión. Se non, Sesión. Emprégase para comprobar se o visitante actual é un usuario de WordPress.org que iniciou sesión. Si

make.wordpress.org

Cookie Duracion Propósito Só usuarios que iniciaran sesión?
welcome-{blog_id} Permanente Emprégase para saber se escolliches que a mensaxe de “Benvido” se amosase no principio do blog correspondente. No
showComments 10 anos Emprégase para determinar se prefires que os comentarios se amosen ou se agochen cando se ve o sitio. No

*.trac.wordpress.org

Cookie Duracion Propósito Só usuarios que iniciaran sesión?
trac_form_token Sesion Utilízase como un token de seguridade para protección fronte a falsificación cruzada de peticións. No
trac_session 90 días Utilízase para manter anónima a información da sesión. No

codex.wordpress.org

Cookie Duracion Propósito Só usuarios que iniciaran sesión?
codexToken 6 meses Úsase para comprobar se o visitante actual é un usuario rexistrado en WordPress.org. Establecer só se selecciona "Manter a sesión" o iniciar sesión. Si
codexUserId
codexUserName
6 meses Emprégase para comprobar se o visitante actual é un usuario de WordPress.org que iniciou sesión. Si
codex_session Sesion Emprégase para comprobar se o visitante actual é un usuario de WordPress.org que iniciou sesión. Si

*.wordcamp.org

Cookie Duracion Propósito Só usuarios que iniciaran sesión?
camptix_client_stats 1 ano Emprégase para rastrear visitantes únicos ata a páxina de tickets dun sitio de WordCamp No
wp-saving-post 1 dia Emprégase para saber se existe algún artigo gardado para o artigo que se está editando no momento. Se existe, permite ao usuario restaurar os datos. Si
comment_author_{hash} 347 dias Empregado para facer seguemento do nome do autor, se “Gardar o meu nome, correo e páxina web neste navegador para a próxima vez que comente ” está marcado No
comment_author_email_{hash} 347 dias Emprégase para gardar o correo electrónico do autor, se “Gardar o meu nome, correo e páxina web neste navegador para a próxima vez que comente ” está marcado No
comment_author_url_{hash} 347 dias Emprégase para rastrear a url do autor, se a casiña de “Garda o meu nome, correo electrónico e páxina web neste navegador para a próxima vez” está marcada No
wp-postpass_{hash} 10 dias Emprégase para manter a sesión se unha publicación está protexida por contrasinal No
wp-settings-{user} 1 ano Emprégase para preservar os axustes do usuario en wp-admin Si
wp-settings-time-{user} 1 ano Hora á que se estableceu wp-settings-{user} Si
tix_view_token 2 dias Emprégase para xestionar a sesión do contido privado CampTix No
tk_ai Predeterminado no navegador Empregado para medicións No
jetpackState Sesion Empregado para manter o estado de Jetpack. Si
jpp_math_pass Sesion Comproba se o usuario resolveu correctamente o problema matemático cando iniciou sesión. No
stnojs 2 dias Lembre si o usuario non quere executar JavaScript No
wordpress_logged_in_{hash} Sesion Lembrar a sesión de usuario Si
wordpres_test_cookie Sesion Proba se podes establecer a cookie No

Controlando as Cookies

Pode que os usuarios queiran restrinxir o uso das cookies, ou evitar que se creen por completo. A maioría dos navegadores ofrecen a posibilidade de controlar o comportamento das cookies, coma o tempo que se almacenan, sexa mediante funcionalidade nativa ou empregando plugins de terceiros.

Para saber máis sobre como xestionar e borrar cookies, visita aboutcookies.org. Para aprender máis detalles sobre as cookies publicitarias e como manexalas, vista youronlinechoices.eu (para a UE), ou aboutads.info (Para EEUU).

Aquí tes algúns programas de rexistro específicos dispoñibles:

Google Analytics - https://tools.google.com/dlpage/gaoptout

É importante ter en conta que restrinxir ou desactivar o uso de cookies pode limitar a funcionalidade dos sitios, ou evitar que funcionen correctamente.

WordPress.org

Creative Commons License