Temas
Algunha vez viches un plugin ou tema en inglés ou español, e gustaríache telo en galego? Algunha vez viches un plugin ou tema en inglés ou español, e gustaríache telo en galego?
Ti podes axudar a conseguilo. Convirtete a ti mesmo en tradutor!, e moi sinxelo, a continuación explicamosche como.
Manuais e Guías Manuais e Guías
- Translator Handbook (Inglés)
- Guía de Tradutores ó Galego
- Glosario do núcleo de WordPress
- GlotPress en Galego (A web base de traballo para a tradución a galego )
- Guía paso a paso de uso de GlotPress e ferramentas de tradución
Coordinación Coordinación
O equipo de tradución coordinámolo a través da canle #tradutores-galego do Slack de WordPress España (non do internacional). Para darte de alta no «Slack de WordPress España» podes seguir as instrucións neste enlace en galego, as instrucións neste enlace en español e nestas en inglés (ten paciencia ao facelo). Ten en conta que para rexistrarte tes que usar un «correo falso» que é o que está asociado ao teu usuario de WordPress.org. Por exemplo, se o teu usuario de WordPress.org é «agarimo», o teu correo de rexistro é «agarimo@chat.wordpress.org».
Que traducimos? Que traducimos?
A web base de traballo para a tradución a galego é https://translate.wordpress.org/locale/gl/
O entrar no elemento que desexes traducir, lembra so traducir os «development» , porque esas traducións cópianse automáticamente a «stable», pero non ao revés.
Cando teñas unhas cantas cadeas traducidas avisa na canle #tradutores-galego do «Slack WordPress España», pegando o enlace que che aparece no teu navegador cando fas clic no enlace «Waiting».
Un editor encargarase de revisar as traducións, de comentarche as correccións se houbera que facelas e de aprobalas se están ben.
Agradecementos Agradecementos
A localización de WordPress en lingua galega débese á colaboración de moitas persoas. Esta páxina recolle unha pequena historia sobre o proceso de tradución do WordPress ao galego.