Versións beta non estables
Se estás cómodo con PHP e queres participar na parte de probas do noso ciclo de desenvolvemento e notificar os erros que atopes, as versións beta son para ti.
Pola súa propia natureza, estas versións son inestables e non debes usalas en ningún sitio no que os datos sexan importantes. Por favor, fai copia de seguridade da túa base de datos antes de actualizar a unha versión beta. Para enterarte das últimas versións beta o mellor que podes facer é seguir o blog de desenvolvemento e mailo foro beta.
Compilacións nocturnas
O desenvolvemento de WordPress móvese moi rápido e todos os días hai cousas que rompen e cousas que se amañan. Este barullo forma parte do noso proceso de desenvolvemento para conseguir as versións máis estables posibles.
Se queres formar parte deste proceso, o mellor lugar para empezar é o Manual de probas beta.