A localización de WordPress en lingua galega débese á colaboración de moitas persoas. Esta páxina recolle unha pequena historia sobre o proceso de tradución do WordPress ao galego.
Todo comezou hai uns anos cando WordPress botou a andar como alternativa potente ao sistema de blogues B2. Como blogueiro, dorfun optou por esa solución e nese momento presentouse a necesidade de traducir o software ao galego. Así naceu a primeira tradución da versión 1.5.
Ao pouco sumáronse ao proxecto outros blogueiros como nubeiro e Spaviladiyo na colaboración do proceso de tradución. Xa estabamos na versión 2.0.
Houbo correccións lingüísticas de Mónica e tamén de Miguel Ángel e Nautile, que detectaron (por separado pero ao mesmo tempo) un erro no arquivo 2.0.4.
Para a versión 2.2 hai que agradecer o fantástico traballo realizado por Tagen Ata, que levou a cabo todo o proceso de revisión. Grazas tamén a Leco que achegou correccións para certas palabras.
A versión 2.3.2 é obra de Eduardo Vázquez.
Na versión 2.7 o proceso de localización levouse a cabo grazas ao traballo feito por Victor J. Quesada,; de novo Tagen Ata fixo unha revisión da versión 2.7.1.
Para a versión 2.9.2 realizouse un traballo en WPTranslations, pero non se puideron obter as fontes de tradución e, polo tanto, non se incorporou ao repositorio oficial.
A revisión da versión 3.1 é obra de Lucas Vieites e colabora na administración desta páxina Pablo Galdo, que tamén localizou o software de rede social BuddyPress.
Na versión 3.2, temos a tradución ao galego no 100%, tanto para o núcleo como para os temas predeterminados e o módulo MultiSite.
No lanzamento de WordPress, na súa versión 3.5, temos a tradución ao galego no 100%, tanto para o núcleo como para os temas predeterminados. Desta volta, ao traballo acumulado en versións anteriores (traballamos nas versións 3.3 e 3.4, sen conseguir chegar ao 100%) uníronse novas achegas de Lucas Vieites, ludusnaturae, decrecementofeliz, nubeiro, e para dar un impulso final importantísimo, Victor J. Quesada.
A administración desta páxina de localización segue na mans de Pablo Galdo, ata a versión 3.8 que pasa a ser administrada por Victor J. Quesada. Dende enton temos a tradución ao galego nas sucesivas versións o 100%, tanto para o núcleo como para os temas predeterminados.
En setembro de 2018, aproveitando a primeira WordCamp de Galicia,organizada por Juan Hernando, fixemos a primeira reunión de tradutores de WordPress ao galego na Mesa de Traducións do Contributor Day.
Na versión 5.2.3 ademáis de Victor J. Quesada , colaboran na administracion desta paxina Carlos Macías e , que dan un pulo a tradución ao galego de plugins e temas.
Desde a comunidade, como sempre, pedímosche a túa axuda para termos un WordPress mellor, cunha tradución de calidade. Dediquemos unha salva de palmas aos membros do grupo de localización de WordPress ao galego e aos que fixeron a súa achega a través do GlotPress.
En https://make.wordpress.org/polyglots/teams/?locale=gl_ES tes o listado completo e o equipo máis actual.
Ti podes axudar a conseguilo. Convirtete a ti mesmo en tradutor!