Como colaborar co equipo de tradución a galego

Neste artigo vou tratar de explicar como traballar na tradución a galego, para que o traballo da xente que se inicia sexa o máis sinxelo posible.

Normativa e Coordinacion Normativa e Coordinacion

Se queres contactar con alguén da comunidade e participar activamente na tradución ao galego. Consulta os manuais e a Guía de Tradutores ó Galego.

Top ↑

Que traducimos? Que traducimos?

A web base de traballo para a tradución a galego é https://translate.wordpress.org/locale/gl/default/

Aquí traballamos sobre varios elementos a traducir:

  1. WordPress: o núcleo de WordPress.
  2. Meta: proxectos como wordcamp.org ou os foros.
  3. Apps: as aplicacións de WordPress para Android e iOS.
  4. Os plugins, ordenados polo seu uso.
  5. Os temas, ordenados polo seu uso.

Onde necesitamos máis axuda é na tradución de plugins e de temas, xa que somos moi poucos os integrantes activos do equipo de tradución.

Para traducir un plugin ou un tema temos dúas formas de facelo:

  1. Tradución na plataforma web.
  2. Tradución cunha ferramenta externa (Poedit, editor de texto como Visual Studio Code, Notepad++,…).

Tanto nun caso como noutro tes que acceder ao plugin ou ao tema que queres traducir no listado de temas:

Por exemplo, o plugin «All in One SEO Pack» está traducido a galego ao 61%, polo que é posible colaborar nesta tradución (posiblemente cando leas esta publicación este plugin xa estará traducido ao 100%). Tes que facer clic enriba da súa fila (non no nome). Este enlace lévate á tradución do propio plugin.

Aquí podes traballar en dúas zonas de tradución:

  1. O propio plugin.
  2. O readme, que é a explicación do plugin.

Primeiro tratamos de traducir o plugin e logo o readme.

Ten en conta que sempre tes que traballar no enlace que pon «trunk» e non en «release», porque as traducións de «trunk» cópianse automaticamente a «release», pero non ao revés.

Facendo clic en (1) cárgase a interface web da tradución do plugin.

As principais zonas son:

  1. Filtro avanzado.
  2. Filtro para cadenas non traducidas.
  3. Exportación de ficheiros para traducir en ferramentas externas.
  4. Importación de ficheiros traducidos con ferramentas externas.

Top ↑

Tradución na plataforma web Tradución na plataforma web

Facendo clic no enlace (2) da imaxe anterior cárgase o listado das cadeas pendentes de tradución.

Se fas dobre clic sobre a cadea a traducir (1), aparéceche a zona de tradución para esa cadea.

Nesa imaxe tes:

  1. A zona onde tes que introducir a tradución en galego da anterior cadea.
  2. O botón de gardado. A ti aparecerache como «Suggest» porque a túa tradución ten que ser aprobada por un editor.
  3. Traducións que aparecen noutras cadeas semellantes, para que che sirvan de axuda.

Cando teñas unhas cantas cadeas traducidas avisa na canle #tradutores-galego de «Slack WordPress España», pegando o enlace que che aparece no teu navegador cando fas clic no enlace «Waiting».

Un editor encargarase de revisar as traducións, de comentarche as correccións se houbera que facelas e de aprobalas se están ben.

Para iniciarte na tradución ao galego recomendámosche esta primeira forma de traducir. Se vas traducir cadeas de forma continua, probablemente a forma máis cómoda é a dunha ferramenta externa, que che explico no seguinte apartado.

Top ↑

Tradución cunha ferramenta externa Tradución cunha ferramenta externa

Unha vez que esteas familiarizado coa tradución de cadeas, o mellor que podes facer é usar unha ferramenta externa, como pode ser un programa pensado para a tradución de cadeas (Poedit) ou un editor de texto (Visual Studio Code, Notepad++,…).

O primeiro que tes que facer é descargar o ficheiro con extensión .po (Portable Object), un ficheiro de texto plano onde está toda a información para traducir.

Para descargar o ficheiro .po primeiro tes que asegurarte de que só vas descargar as cadeas que non estean traducidas: «Unstranslated»

A continuación, na parte inferior, tes que seleccionar:

  1. Tes que seleccionar só as cadeas que se corresponden co filtro anteriormente seleccionado («Untranslated»): «only matching the filter»
  2. Tes que seleccionar o formato .po.
  3. E, para descargar o ficheiro, tes que facer clic no enlace «Export».

Agora tes un ficheiro con formato .po.

Tes que traducilo co Poedit ou co editor de texto e logo subilo á plataforma web.

Para subir o ficheiro tes que facer clic no enlace «Import Translations»:

A continuación tes que facer clic no elemento «Seleccionar archivo» e logo no botón «Import».

Agora as cadeas quedarán subidas á plataforma e só terás que avisar na canle #tradutores-galego de «Slack WordPress España», pegando o enlace que che aparece no teu navegador cando fas clic no enlace «Waiting».

Un editor encargarase de revisar as traducións, de comentarche as correccións se houbera que facelas e de aprobalas se están ben.

1 pensamento en “Como colaborar co equipo de tradución a galego

Deixa unha resposta