Gutenberg

Descrición

O editor de bloques foi introducido no núcleo de WordPress coa versión 5.0, pero o proxecto Gutenberg terá un impacto final en toda a experiencia de publicación, incluíndo a personalización (a seguinte área de interese). Este plugin beta permíteche probar as características máis avanzadas sobre os proxectos de edición e personalización antes de que cheguen a futuras versións de WordPress.

Descubre máis sobre o proxecto.

Enfoque na edición

O editor creará unha nova experiencia de creación de páxinas e entradas que fará que escribir publicacións enriquecidas non implique esforzo algún, e que terá “bloques” para facer fácil o que actualmente require shortcodes, HTML personalizado, ou os imprevisibles incrustados automáticos. — Matt Mullenweg

Unha cousa que distingue a WordPress doutros sistemas é que che permite crear estructuras de publicacións tan completas como te podas imaxinar — pero só se sabes HTML e CSS e constrúes o teu propio tema a medida. Ao pensar no editor como unha ferramienta que che permite escribir publicacións ricas e crear fermosos deseños, podemos transformar WordPress en algo que os usuarios aman de WordPress, en lugar de algo que elixen porque é o que todos os demáis empregan.

Gutenberg considera o editor como algo máis que un campo de contido, e revisita un deseño que permaneceu prácticamente inalterado durante case unha década. Isto permítenos deseñar holísticamente unha experiencia de edición moderna e construir unha base para o que virá.

Velaquí por que estamos a mirar toda a pantalla de edición, en lugar de só o campo de contido:

  1. O bloque unifica múltiples interfaces. Se agregamos iso na la parte superior da interfaz existente, agregaría complexidade, en vez de eliminala.
  2. Ó volver a visitar a interfaz, podemos modernizar a experienza da escritura, edición e publicación, tendo en conta a facilidade de uso e a simplicidade, o que beneficia tanto aos usuarios novos como aos ocasionais.
  3. Cando a interfaz de bloque singular toma o centro do escenario, mostra un camino claro para que os desenvolvedores creen bloques premium, superiores a shortcodes e widgets.
  4. Considerando que toda a interfaz senta a base para a seguinte prioridade, a persoalización de todo o sitio.
  5. Centrarnos no editor a pantalla completa brindanos tamén a oportunidade de modernizar drásticamente os cimentos e dar pasos de cara a un futuro máis fluido basado en JavaScript que aproveite ao máximo a API REST de WordPress.

Bloques

Os bloques son a evolución unificadora do que agora está cuberto, de diferentes maneiras, mediante shortcodes, incrustacións, widgets, formatos de publicación, tipos de contido personalizados, opcións de tema, meta-boxes e outros elementos de formato. Adoptan a amplitude da funcionalidade que WordPress é capaz de ofrecer, coa claridade dunha experiencia de usuario consistente.

Imaxina un bloque “empleado” persoalizado que un cliente pode arrastrar a unha páxina Acerca de para mostrar automáticamente unha imaxe, nome e biografía. Todo un universo de plugins que extenden WordPress da misma forma. Menús e widgets simplificados. Usuarios que poden entender e usar instantáneamente WordPress — e o 90% dos plugins. Esto permitirá redactar fácilmente publicacións fermosas como este exemplo.

Consulta as FAQ para obter respostas ás dúbidas máis comúns sobre o proxecto.

Compatibilidade

As publicacións son compatibles con versións anteriores, e os shortcodes seguirán funcionando. Estamos explorando continuamente cómo se poden acomodar metaboxes altamente persoalizados, e estamos buscando solucións que van dende un plugin para deshabilitar Gutenberg ata detectar automáticamente si cargar Gutenberg ou non. Se ben queremos asegurarnos de que a nova experiencia de edición dende a escritura ata a publicación sexa fácil de usar, comprometemonos a encontrar unha boa solución para sitios existentes altamente persoalizados.

As etapas de Gutenberg

Gutenberb planea ter tres etapas. A primeira, con inclusión prevista en WordPress 5.0 enfocada na experiencia de editar a publicación e na implementación de bloques. Esta fase inicial está enfocada na perspectiva de priorizar o contido. O uso de bloques como detallamos máis arriba, permiteche enfocarte na aparencia do contido sen a distración doutras opcións de configuración. Isto axudará a todos os usuarios a presentar o seu contido de forma completa, directa e visual.

Estes elementos fundacionais cimentarán o camiño das etapas dous e tres, planeadas para o ano que vén, para levar a publicación alén dentro de modelos e, finalmente, unha total personalización.

Gutenberb é un gran cambio e haberá maneiras de asegurar que a funcionalidade existente (como códigos curtos e metacaixas) continúen funcionando mentres se lles permite aos desenvolvedores o tempo e o modo para facer a transición efectiva. Ao final, abrirá novas oportunidades aos desenvolvedores de complementos e temas para servirlles aos usuarios unha máis completa e visual experiencia que se beneficiará dun conxunto de ferramentas facilitadas polo núcleo.

Contribuíntes

Gutenberg está sendo construído por moitos colaboradores e voluntarios. Aquí tes a lista completa CONTRIBUTORS.md.

Blocks

Este plugin proporciona 19 bloques.

core/site-title
Gutenberg
core/post-title
Gutenberg
core/block
Gutenberg
core/calendar
Gutenberg
core/tag-cloud
Gutenberg
core/post-date
Gutenberg
core/rss
Gutenberg
core/legacy-widget
Gutenberg
core/social-link-
Gutenberg
core/categories
Gutenberg
core/post-content
Gutenberg
core/latest-comments
Gutenberg
core/archives
Gutenberg
core/post-excerpt
Gutenberg
core/navigation
Gutenberg
core/latest-posts
Gutenberg
core/search
Gutenberg
core/template-part
Gutenberg
core/post-author
Gutenberg

Preguntas frecuentes

Como podo enviar suxestións ou pedir axuda sobre un erro?

Encántanos que nos informes de erros, suxestións de características ou calquera outra idea! Por favor, pásate polapáxina de problemas en GitHub para procurar problemas existentes ou informar dun novo. Aínda que tratamos de facer un seguemento dos problemas aquí, no foro do plugin, obterás unha resposta máis rápida (e redúcese a duplicación de esforzos) mantendo todo centralizado no repositorio de GitHub.

Como podo axudar?

Chamámoslle a este proxecto de editor «Gutenberg» porque é un gran traballo de fondo. Traballamos nel cada día en GitHub e encantaríanos contar coa túa axuda en construílo. Tamén serás benvido/a en comentarios, o máis doado é unirte na nosa Canle de Slack, #core-editor.

Ver tamén CONTRIBUTING.md.

Onde pode ler máis sobre Gutenberg?

Comentarios

BAD

11 de Febreiro, 2020
I say this with sadness. The old system is better.
10 de Febreiro, 2020
Well worth the effort of learning (ES6, for instance). It took me some time, but I love the different options to make the editor suitable for design-specific requirements of the websites I work on.
8 de Febreiro, 2020
Maybe this editor not perfect but it's definitely move to the correct way. Thank you!
7 de Febreiro, 2020
So poorly scabbed on it made me stop developing with WordPress.
6 de Febreiro, 2020
Оставляйте классический редактор, Гутенберг - это провал.
Ler todas as 3.023 opinións

Colaboradores e desenvolvedores

“Gutenberg” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.

Colaboradores

“Gutenberg” foron traducidas ao 46 locales. Grazas a os desenvolvedores polas súas colaboacións.

Traducir “Gutenberg” ao teu idioma.

Interesado no desenvolvemento?

Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.

Rexistro de cambios

Para ler o rexistro de cambios de Gutenberg 7.4.0, por favor, vai á páxina da versión.