Descrición
WooCommerce é unha solución de comercio electrónico flexible e de código aberto baseada en WordPress. Xa sexa que esteas lanzando un negocio, levando unha tenda de ladrillos e morteiro online, ou deseñando webs para clientes, podes empezar rapidamente e crear exactamente a tenda que queres.
Activa o plugin gratuito de WooCommerce nun sitio WordPress novo ou existente, sigue a visita guiada opcional e crea unha nova tenda en cuestión de minutos:
- Páxinas de produto, carriño e finalizar a compra
- Pagos seguros con tarxetas de crédito e outras alternativas
- Opcións de envío configurables, incluíndo tarifas planas e impresión de etiquetas
- Integra o contido e o comercio no teu sitio mediante bloques modulares
- Cálculos automáticos de impostos
- Integración con Google Analytics, MailChimp e Facebook
- Escritorio centralizado da tenda con métricas clave, e máis.
Máis alá do básico, WooCommerce é totalmente personalizable e ampliable:
- Elixe un deseño que se adapte á túa marca e ao teu sector.
- Mellora a túa tenda con extensións gratuítas e de pago: engade funcións e intégraas con servizos web de comercio electrónico locais e globais.
- Revisa e modifica calquera aspecto do código do plugin principal.
- Aproveita os ganchos e filtros para modificar funcións.
- Construído sobre a REST API e webhooks.
As liberdades do código abierto significan a propiedade total do contido e dos datos para sempre – máis a experiencia duhna amable comunidade global.
WooCommerce está deseñado para permitir aos xestores de tendas administrar eles mesmos un sitio de comercio electrónico, sen necesidade de ter un desenvolvedor web. Hai tamén unha aplicación móbil gratuíta de WooCommerce (Android e iOS) para a xestión de tendas onde queira que esteas.
WooCommerce é desenvolvido e mantido por Automattic, os creadores de Jetpack e WordPress.com, xunto con colaboradores independentes. O mercado oficial de extensións está en WooCommerce.com.
Desde subscripcións a clases de ximnasio ou coches de luxo
Con WooCommerce podes vender produtos físicos e dixitais de calquera forma ou tamaño, ofrecer variacións de produtos, configuracións múltiples e descargas instantáneas para os compradores e incluso podes vender produtos afiliados de mercados online.
E esas son só as opcións que veñen de fábrica. Con extensións de pago podes ampliar a túa tenda WooCommerce para facer reservas, ofrecer membresías, establecer pagos periódicos por subscripción, crear regras dinámicas de prezos, e moito máis.
Lanza unha subscripción mensual de viño, ofrece un desconto en colchonetas de ioga aos membros que asistiran a máis de 10 clases, ofrece cestas configurables ou xoias personalizadas – todo é posible con WooCommerce.
Amplias opcións de pago
WooCommerce inclúe a posibilidade de aceptar as principais tarxetas de crédito, métodos de pago alternativos, BACS (transferencias bancarias) e pago contra reembolso.
Para opcións adicionais, WooCommerce tamén se integra con máis de 140 pasarelas específicas por rexión, incluíndo algunhas opcións populares como Stripe, PayPal, Square e Amazon Pay. Apple Pay e Google Pay tamén están soportadas.
Busca o teu provedor de servizos de pago preferido no mercado oficial.
Vende localmente e globalmente
Os envíos con WooCommerce son extremadamente configurables. Adapta os axustes integrados para ofrecer envío gratuíto ou con tarifa plana, limita os teus envíos a países específicos establecendo zonas de envío ou abre a túa tenda ao mundo.
As extensións oficiais conéctante con centos de transportistas locais e internacionais – incluíndo Royal Mail, FedEx, e Australia Post – e permítenche integrarte con provedores de xestión e execución de inventario.
Tamén hai extensións dispoñibles para engadir opcións de entrega e envío e é compatible con estratexias como compra un leva outro gratis, regalos gratis e máis extensións. WooCommerce Shipping permite cálculos en tempo real e imprimir etiquetas desde casa.
Deseña a túa tenda con temas e bloques
O deseño dunha tenda WooCommerce empeza elixindo un tema que che guste. Hai centos dispoñibles, gratis e de pago, incluíndo Storefront de Automattic — que é gratis para todas as tendas e podes elixir instalalo durante o asistente de instalación.
Storefront ofrece unha integración profunda con WooCommerce e prioriza a velocidade e o tempo de actividade. Podes engadir a túa marca e definir o teu estilo personalizando Storefront ti mesmo ou engadindo un dos moitos temas fillo de Storefront dispoñibles.
Personaliza aínda máis o deseño da túa tenda cos bloques de WooCommerce (dispoñibles en WooCommerce 3.6 e superior) — úsaos para engadir seleccións de produtos ou produtos individuais a calquera páxina, para unha mezcla perfecta de comercio e contido.
Personaliza a túa tenda con extensións
A maneira máis fácil de engadir características e funcionalidade a unha tenda WooCommerce é cunha extensión:
- Vende o que sexa – Subscripcións, membresías, reservas, paquetes de produtos e máis.
- Fai a túa tenda á túa maneira – Engadidos a produtos, editor de campos de pago, imaxes adicionais para variacións e máis.
- Personaliza as túas opcións de envío – Envíos con tarifa plana, seguimento de envíos, tarifas en directo desde os principais transportistas e máis.
- Encontra o teu público, vende á túa maneira – Feed de produtos de Google, chat en directo, integración con mercados de Amazon/eBay e máis.
- Impulsa as vendas – Prezos dinámicos, cupóns intelixentes, Google Ads e máis.
Hai centos de extensións oficiais revisadas polos desenvolvedores de WooCommerce dispoñibles no mercado de WooCommerce.com, e moitas no repositorio de WordPress.org e na web en xeral.
Controla os teus datos para sempre
WooCommerce dáche un control completo – desde os impostos ata os niveis de inventario e as contas dos clientes. Engade e elimina extensións, cambia o deseño da túa tenda e cambia de tema, de servidor ou de provedor de servizos de pago, todo ao teu gusto.
Nun mundo cada vez máis consciente da importancia da protección de datos, WooCommerce dáche plena propiedade sobre o que se rastrexa e almacena. Se optas por compartir datos de uso con nós, os teus datos son anónimos e mantéñense seguros. En calquera momento podes optar por non participar en ningún tipo de seguimento mentres gozas de todas as funcións de WooCommerce.
Con WooCommerce, os teus datos perténcenche. Un dos riscos de utilizar unha plataforma de comercio electrónico aloxada é o risco de perder a túa tenda se o provedor cerra. Os datos da tenda WooCommerce están preparados para o futuro – eres libre de exportar todo o teu contido e levar o teu sitio a onde queiras.
Por que aos desenvolvedores lles gusta WooCommerce
WooCommerce creouse orixinalmente pensando nos desenvolvedores. Construído cunha API REST, intégrase con prácticamente calquera servizo. Pódese acceder aos datos da tenda en calquera lugar, en calquera momento e de forma 100% segura.
WooCommerce permite aos desenvolvedores crear, modificar e escalar facilmente unha tenda que cumpla coas especificacións do cliente, e realizar melloras xa sexa con extensións ou con solucións personalizadas.
Non importa o tamaño da tenda que queiras crear, WooCommerce ten unha estrutura robusta que permite realizar tendas desde o básico ata o empresarial – con contidos e comercio nunha única ubicación centralizada.
WooCommerce está auditado por un equipo dedicado de desenvolvedores que traballan en diferentes zonas horarias para identificar e parchear todos e cada un dos erros descubertos. Existe unha documentación completa e de fácil acceso que se actualiza con cada versión. Cos nosos documentos, aprenderás a crear o sitio que o teu cliente necesita.
Únete á nosa crecente comunidade
WooCommerce é unha das comunidades de comercio electrónico de máis rápido crecemento. Estamos orgullosos de que a gran axuda da comunidade e a gran cantidade de recursos dispoñibles en liña se citan con frecuencia como razóns polas que os nosos usuarios a adoran.
Hay +80 meetups de WooCommerce que se levan a cabo en cidades de todo o mundo ás que podes asistir gratuitamente e incluso participar. WooCommerce tamén ten unha presenza regular en WordCamps en todo o mundo – e encantaríanos coñecerte.
Se estás interesado en contribuír a WooCommerce temos máis de 350 contribuidores, e sempre hai espazo para máis. Entra no repositorio de WooCommerce en GitHub para descubrir como podes colaborar.
WooCommerce está actualmente 100% traducido a 24 idiomas, incluíndo danés, ucraniano e persa. Se estás interesado en axudar a traducir WooCommerce engadindo o teu idioma local, visita translate.wordpress.org.
Colaboradores e desenvolvedores
«WooCommerce» foi traducido a 55 idiomas. Grazas aos tradutores polas súas contribucións. Traduce «WooCommerce» ao teu idioma.
ESTÁS INTERESADO NO DESENVOLVEMENTO?
Navega polo código, revisa o repositorio SVN, ou suscríbete ao rexistro de desenvolvemento por RSS.
Capturas
Blocks
Este plugin proporciona 17 bloques.
- woocommerce/price-filter
- Filter Products by Price
- woocommerce/attribute-filter
- Filter Products by Attribute
- woocommerce/active-filters
- Active Product Filters
- woocommerce/product-search
- Product Search
- woocommerce/featured-category
- Featured Category
- woocommerce/product-categories
- Product Categories List
- woocommerce/handpicked-products
- Hand-picked Products
- woocommerce/product-category
- Products by Category
- woocommerce/product-best-sellers
- Best Selling Products
- woocommerce/all-products
- All Products
- woocommerce/product-tag
- Products by Tag
- woocommerce/featured-product
- Featured Product
- woocommerce/product-on-sale
- On Sale Products
- woocommerce/reviews-by-product
- Reviews by Product
- woocommerce/all-reviews
- All Reviews
- woocommerce/reviews-by-category
- Reviews by Category
- woocommerce/product-new
- Newest Products
Instalación
Requisitos mínimos
- Recoméndase PHP 7.2 ou superior
- Recoméndase MySQL 5.6 ou superior
Visita a documentación sobre requisitos do servidor para WooCommerce para obter unha lista detallada dos requisitos do servidor.
Instalación automática
A instalación automática é a opción máis sinxela xa que WordPress controla as transferencias de ficheiros e non terá que deixar o navegador. Para facer que unha instalación automática de WooCommerce acceda ao teu escritorio de WordPress, vai ao menú Plugins e fai clic en Engadir novo.
No campo de busca teclea «WooCommerce» e fai clic en «Buscar plugins». Unha vez que nos encontres, podes ver os detalles, como a versión, a clasificación e a descrición. O máis importante, por suposto, é que poidas instalalo! Fai clic en «Instalar agora» e WordPress encargarase diso.
Instalación manual
O método de instalación manual implica descargar o complemento de WooCommerce e subilo ao servidor usando a túa aplicación FTP favorita. O codex de WordPress inclúe instrucións sobre como facelo aquí.
Actualizacións
As actualizacións automáticas deberían funcionar sen problemas, pero aínda así recomendámosche que fagas unha copia de seguridade do teu sitio.
Se por algunha razón tes problemas coas páxinas da tenda/categoría despois da actualización, só tes que forzar as ligazóns permanentes, indo a WordPress & gt; Axustes & gt; Ligazóns permanentes e premendo en “Gardar”. Isto debería volver á normalidade.
Datos de mostra
WooCommerce vén con algúns datos de mostra que podes usar para ver que aspecto teñen os produtos; importa sample_products.xml co importador de WordPress. Tamén podes usar o importador CSV ou a nosa extensión CSV Import Suite para importar sample_products.csv
Preguntas frecuentes
- Onde podo atopar a documentación de WooCommerce e as guías de usuario?
-
Para obter axuda sobre a configuración de WooCommerce, consulta a nosa guía de usuario>
Para ampliar ou personalizar WooCommerce, mira o noso codex.
- Onde podo obter soporte ou falar con outros usuarios?
-
Se quedas atrapado podes pedir axuda no foro do plugin WooCommerce.
Para axuda coas extensións de pago de WooCommerce.com, usa o noso departamento de axuda.
- WooCommerce funcionará co meu tema?
-
Si! WooCommerce funcionará con calquera tema, pero pode ser necesario un pouco de estilo. Por favor, consulta o noso codex para obter axuda. Se buscas un tema con integración WooCommerce integrada, recomendámosche Storefront.
- Onde podo solicitar novas funcións, temas e extensións de eCommerce?
-
Podes votar e solicitar novas características e extensións no noso taboleiro WooIdeas
- Onde podo informar de erros ou contribuír ao proxecto?
-
Informa dos erros no repositorio de WooCommerce en GitHub. Tamén podes informar no noso foro de soporte.
- Onde podo atopar a documentación da REST API?
-
Podes atopar a documentación da nosa API REST nos documentos da REST API de WooCommerce .
- WooCommerce é incrible! Podo contribuír?
-
Ti podes! Únete ao noso repositorio GitHub .
Comentarios
Colaboradores e desenvolvedores
“WooCommerce” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.
Colaboradores“WooCommerce” foron traducidas ao 60 locales. Grazas a os desenvolvedores polas súas colaboacións.
Traducir “WooCommerce” ao teu idioma.
Interesado no desenvolvemento?
Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.
Rexistro de cambios
3.9.2 – 2020-02-13
- Security – Show a notice when a logged-in customer pays for a guest order.
- Security – Disallow links in coupon error messages.
- Fix – Restored the default behavior of the “Shipping destination” option. #25571
3.9.1 – 2020-01-28
- Tweak – Trim whitespaces and strip slashes from MaxMind License Key.
- Dev – Prevent empty notices to get displayed on frontend.
- Fix – Show “-” instead of “0” when tax isn’t applicable to a product.
- Fix – Fixed fatal error on the thank you page if order is not specified.
- REST API – Fixed – Product and variations schema to allow remove sale prices, dimensions and weight.
3.9.0 – 2020-01-21
- Enhancement – Added a “Show” button next to the password field on the login fields. #24915
- Enhancement – New WooCommerce Onboarding experience (shows to only 10% of new users). #24991
- Enhancement – Introduced Payment Gateway API to support “pay button”. #25000
- Enhancement – Includes WooCommerce Blocks 2.5.3, introducing an “All Products” block, a new block listing products using client side rendering (requires WordPress 5.3), and more. #25181
- Tweak – Updated PayPal standard “Thank you” page message to comply with PayPal Guidelines. #24756
- Tweak – Account for non-EU countries that collect VAT and rename tax to VAT on the frontend. #24999
- Tweak – Cache checkout fragments and update DOM on change only. #24227
- Tweak – Eliminate extra update order AJAX request on checkout page load. #24271
- Tweak – Prevent billing address from being updated on shipping update. #24374
- Tweak – Added a tooltip in the “Coupon expity date” field. #24749
- Tweak – Make phone numbers clickable in emails. #24786
- Tweak – Prevent PHP warnings in tracker if order doesn’t have a created date yet. #24846
- Tweak – Capitalize “T” in “Move to Trash” phrase on order page in wp-admin to be consistent with product and coupon pages. #24867
- Tweak – Changed
wp_cache
invalidation from using increment to using microtime. #24961 - Tweak – Made the usage tracking link on the setup wizard more transparent. #25026
- Tweak – Fixed menu highlight of My Account page when browsing “Add payment method” page. #25041
- Tweak – Prevent creating products before registering related post types and taxonomies. #25049
- Tweak – Include processing orders in tracker data when opted in. #25071
- Tweak – Centralize check for default themes to fix Storefront appearance in the Setup Wizard. #25216
- Tweak – Adds a WordPress version check before recommending the WooCommerce Admin plugin during setup. #25260
- Fix – Added license key support recent changes from MaxMind GeoLite2. #25378
- Fix – Honor tax rounding preference in edit item and refund flows. #24208
- Fix – Prevent incorrect number of decimal points in prices. #24281
- Fix – Fixed initial support for Gutenberg’s Experimental Legacy Widget block. #24292
- Fix – Fix overriding of query when using orderby on archives with a static homepage. #24683
- Fix – Use of
wp_unslash()
function when escaping admin settings values. #24793 - Fix – Do not set the tracking cookie when doing ajax requests. #24798
- Fix – Display button to delete images from product galleries in the admin when using a mobile device. #24840
- Fix – Fixed order note’s date format. #24843
- Fix – Refactored
WC_Order_Factory::get_order()
to remove function deprecated in PHP 7.0. #24852 - Fix – Fixed product stock status changes on Bulk Edit save when “Enable stock management” is disabled. #24876
- Fix – Fixed default country code fallback in wc_get_customer_default_location(). #24884
- Fix – Fixed misleading message for Shipping options in cart. #24914
- Fix – Customizer not loading when viewing from WordPress.com. #24935
- Fix – Prevent notice when a variable product has no images. #24986
- Fix – Adjusted the slug generation for duplicated variable products to prevent performance degradation when using templates. #25064
- Fix – Added appropriate minification to photoswipe.css. #25074
- Fix – Corrected the sorting behavior for the “products” shortcode when manually sorting products. #25084
- Fix – Fixed invalid backlinks for in-app purchases. #25098
- Fix – Corrected the media element player initialization for product variation descriptions. #25103
- Fix – Enable WooCommerce.com Site API on installations not using permalink. #25131
- Fix – WooCommerce.com Site API now returns success if the plugin was previously installed. #25140
- Fix – WooCommerce.com Site API checks to
move_product
case to make sure result array containsfolder_exists
item and doesn’t return a warning. #25160 - Fix – Ensure that categories containing only private products are selectable in the product exporter. #25132
- Fix – Prevent variable product parents from being added to orders. #25162
- Fix – Use sorting settings as a default to product shortcodes. #25180
- Fix – Applied setup wizard CSS fixes to the respective WP versions. #25197
- Fix – Fixed “account erasure request” URL in WordPress 5.3. #25208
- Fix – Ensure all cache get removed on webhook deletion. #25164
- Fix – Adjusted the checkout email validation regex to be more accurate. #25251
- Template – Introduced
woocommerce_product_related_products_heading
filter. #25059 - Template – Introduced
woocommerce_before_lost_password_confirmation_message
andwoocommerce_after_lost_password_confirmation_message
hooks. #25096 - REST API – Fixed
date_created
anddate_created_gmt
for customers v2. #25181 - REST API – Fixed Restored “Total post count” section on System Status endpoint v2 and v3. #25181
- REST API – Filter empty objects from results before loop. #25181
- Desenvolvemento – Introducido o novo requisito mínimo de PHP 7.0.
- Desenvolvemento – Introducido o novo requisito mínimo de WordPress 5.0.
- Dev – Check for max discount to be “-ve” to prevent overwriting refunded fee amount. #24341
- Dev – Add unload event to the checkout page to prevent reloading during checkout after placing an order. #24609
- Dev – Only toggle form field description if element exists. #24752
- Dev – Introduced
woocommerce_{$export_type}_export_delimiter
filter to change separator string while exporting CSV files. #24759 - Dev – Introduced
woocommerce_after_order_refund_item_name
hook. #24760 - Dev – Introduced
woocommerce_kses_notice_allowed_tags
filter. #24849 - Dev – Introduced
woocommerce_shipping_not_enabled_on_cart_html
filter. #24914 - Dev – Introduced
woocommerce_show_invalid_variations_notice
filter. #24934 - Dev – Introduced
woocommerce_upsells_order
filter. #25017 - Dev – Introduced
woocommerce_before_settings_{current_tab}
andwoocommerce_after_settings_{current_tab}
hooks. #25028 - Dev – Included third parameter
$order
towoocommerce_order_get_formatted_billing_address
andwoocommerce_order_get_formatted_shipping_address
filters. #24870 - Dev – Pass the
$clear_persistent_cart
variable to thewoocommerce_before_cart_emptied
andwoocommerce_cart_emptied actions
. #24930 - Dev – Made variables in
assets/css/_variables.scss
default. #24822 - Dev – Refactor to use the same rounding logic in orders and cart. #24828
- Dev – Add order note immediately after status change before the `woocommerce_order_status_changed action. #24879
- Dev – Added support for custom attributes in
wc_placeholder_img()
. #24937 - Dev – Added initial support for inline notices on checkout. #25001
- Dev – Introduced wc_get_product_object() helper. #25031
- Dev – Pass the correct
$this->updated_props
variable to thewoocommerce_coupon_object_updated_props
action’s second paramater. #25077 - Dev – Remove a few calls to
func_get_args()
andcall_user_func_array()
with the spread operator for better code legibility and performance gains. #25101 - Dev – New
woocommerce_valid_order_statuses_for_payment
hook that triggers when an order is paid. Use this new hook instead ofwoocommerce_order_status_changed
or woocommerce_order_status_{old_status}}to{new_status}` to trigger code for payment completion. #25158 - Dev – Ability to exclude certain product types from product search calls. #25162
- Dev – Raise exception when
WC_Product_Variation
is instantiated with an ID that belongs to an object that is not a variation. #25178 - Localization – Add subdivisions of Laos. #24765
- Localization – Fixed translatable string in WooCommerce’s libraries. #24892 #24894
- Localization – Fixed translatable string comments for translators. #24928
- Localization – Add postcode validation for Slovenia. #25174