Política de Privacidade

As webs de WordPress.org (colectivamente “WordPress.org” neste documento) refirense a sitios aloxados en WordPress.org, WordPress.net, WordCamp.org, BuddyPress.org, bbPress.org, e outros dominios e subdominios relacionados. Esta política de privacidade describe cómo WordPress.org usa e protexe calquera información que nos proporcionas. Comprometemonos a garantir a protección da túa privacidade. Se nos proporcionas información persoal a través de WordPress.org, podes estar seguro de que só se usará de acordo con esta declaración de privacidade.

Visitantes web

Do mesmo xeito que a maioría dos operadores de webs, WordPress.org recopila información que non te identifica persoalmente como a que os navegadores web e os servidores teñen o costume de ofrecer, por exemplo o tipo de navegador, a preferencia de idioma, o sitio de referencia e a data e hora de cada solicitude de visitante. O propósito de WordPress.org ao recopilar información de identificación non persoal écomprender mellor como os visitantes de WordPress.org empregan a súa web. De vez en cando, WordPress.org pode divulgar información que non sexa de identificación persoal no seu conxunto, por exemplo, ao publicar un informe sobre as tendencias no emprego da túa web.

WordPress.org tamén recolle información que podería considerarse identificación persoal, como direccións de protocolo de Internet (IP). Porén, WordPress.org non emprega direccións IP para identificar aos seus visitantes e non divulga dita información, salvo nas mesmas circunstancias nas que emprega e divulga a información de identificación persoal, tal como se describe a continuación.

Obtención de información de identificación persoal

Certos visitantes de WordPress.org optan por interactuar con WordPress.org de forma que requiren WordPress.org para recopilar información de identificación persoal. A cantidade e o tipo de información que recolle WordPress.org depende da natureza da interacción. Por exemplo, solicitamos ós visitantes que utilizan os nosos foros que proporcionen un nome de usuario e un enderezo de correo electrónico.

En cada caso, WordPress.org recolle tal información só na la medida en que sexa necesario ou apropiado para cumplir o propósito da interacción do visitante con WordPress.org. WordPress.org non revela información de identificación persoal que non sexa a que se describe a continuación. E los visitantes sempre poden negarse a proporcionar información de identificación persoal, coa condición de que lles impida participar en certas actividades relacionadas co sitio web, como a compra dun ticket de WordCamp.

Toda a información que se recolle en WordPress.org xestionarase de acordo coa lexislación GDPR.

Protección de certa información de identificación persoal

WordPress.org só revela información potencialmente identificadora e información identificadora a administradores de proxecto, empregados, provedores e organizacións afiliadas que (i) necesitan coñecer esa información para poder empregala en nome de WordPress.org ou para ofrecer servizos dispoñibles en WordPress.org e (ii) que acordaron non revelala con ninguén máis. Algúns destes empregados, provedores e organizacións afiliadas poden estar ubicadas fóra do teu país; ao usar WordPress.org, consintes en transferirlles esa información.

WordPress.org non alugará nin venderá información persoal potencialmente identificadora ou información identificadora a ninguén. Agás aos administradores de proxecto, empregados, provedores e organizacións afiliadas, como se describe enriba, WordPress.org só revela información potencialmente identificadora e información identificadora cando así se lle require por lei, se nos diches permiso para que compartamos a túa información ou se WordPress.org cre de boa fe que revelar a información é razoablemente necesario para protexer a propiedade ou dereitos de WordPress.org, terceiros ou o público en xeral.

Se es un usuario rexistrado na web WordPress.org e facilitaches a túa dirección de correo electrónico, é posible que WordPress.org che envíe ocasionalmente un correo electrónico para informarche sobre novas características, pedir a túa opinión ou só manterte ao día sobre que está a acontecer con WordPress.org e os nosos produtos. Maiormente empregamos o noso blog para comunicar este tipo de información, polo que esperamos que este tipo de correos electrónicos sexan mínimos.

Se nos envías unha solicitude (por exemplo a través do correo electrónico de soporte ou por un dos nosos mecanismos de interacción), reservámonos o dereito a publicalo para aclarar ou responder á túa solicitude ou para axudarnos a dar soporte a outros usuarios. WordPress.org toma todas as medidas razoablemente necesarias para evitar o acceso, uso, alteración ou destrución non autorizadas de información potencialmente identificadora e información identificadora.

Uso da información persoal

Usamos a información que nos ofreces cando rexistras unha conta, asistes a un dos nosos eventos, recibes newsletters, usas certos servizos ou participas no proxecto de código aberto WordPress de calquera outro xeito.

Non venderemos nin cederemos a túa información persoal a terceiros agás no caso de que teñamos o teu permiso ou a lei nos obrigue a facelo.

Gustaríanos enviarche de vez en cando correos electrónicos con comunicacións de marketing que poden ser do teu interese. Se das o teu consentemento para o marketing, podes retiralo máis adiante.

En calquera momento tes dereito a que deixemos de contactar contigo con propósitos publicitarios. Se xa non queres ser contactado para cuestións de marketing, por favor faga clic na ligazón para darse de baixa no final do correo electrónico.

Bases legais para procesar información persoal

Apoiámonos nunha ou máis das seguintes condicións para o procesamento:

  • o noso interese lexítimo en ofrecerche de xeito efectivo información e servizos;
  • Consentemento esplícito dado;
  • Obligacións legais

Acceso ós datos

Tes dereito a solicitar unha copia da información que temos almacenada sobre ti. Se queres unha copia dalgunha ou toda a túa informacón persoal, por favor segue as instrucións ao final desta política.

Todos os datos dos asistentes a unha WordCamp poden ser vistos e editados polo asistente a través do Token URL de acceso que se envía por correo electrónico para confirmar a compra dunha entrada.

As contas de WordPress.org pódense editar seguindo estes pasos:

  1. Visita https://login.wordpress.org/, e introduce o teu nome de usuario e contrasinal.
  2. Serás redirixido a https://profiles.wordpress.org/your_username.
  3. Fai clic na ligazón “Editar” que hai xunto o teu nome de usuario.

Se che gustaría solicitar acceso aos datos da túa conta, por favor, segue estes pasos:

  1. Visita https://wordpress.org/about/privacy/data-export-request/.
  2. Introduce o teu enderezo de correo electrónico.
  3. Fai clic en “ Acepto a declaración e solicito a exportación”.

Nota: Se tes unha conta en WP.org, recoméndase que inicies a sesión antes do envío para asociar a túa conta á solicitude.

Retención da información persoal

Só gardaremos a túa información persoal nos nosos sistemas o tempo necesario, para garantir o éxito do proxecto de código aberto WordPress e os programas que apoian WordPress.org. Mantemos a información de contacto (como información de listas de correo) ata que un usuario se dá de baixa ou solicita que borremos a súa información dos nosos sistemas. Se decides darte de baixa dunha lista de correo, manteremos algunha información limitada sobre ti para que poidamos atender a túa solicitude.

WordPress.org non eliminará datos persoais de logs ou rexistros necesarios para o negocio, desenvolvemento ou arquivos do proxecto de código aberto WordPress.

WordPress.org debe manter os datos de asistentes a unha WordCamp durante 3 anos para seguir e promover o crecemento da comunidade, e despóis borra automáticamente os datos non esenciais recollidos no rexistro. Os nomes e direccións de correo electrónico dos asistentes conservaránse indefinidamente, para preservar a nosa posibilidade de responder a denuncias do código de conducta.

Nos sitios de WordCamp.org, os datos financeiros que se recollen durante as solicitudes de reembolso bórranse de WordCamp.org sete días despois de que a solicitude se marque como pagada. A razón da retención durante 7 días é evitar que os organizadores teñan que volver ingresar os detalles bancarios se unha transferencia falla ou se un pagamento se marcou como “Pagado” por erro. As facturas e recibos relacionados cos gastos das WordCamps gárdanse durante 7 anos despois do peche do calendario fiscal do ano, por consello dos nosos asesores financeiros (auditores e contables).

Cando se solicita ou se require o borrado, anonimizaremos os datos dos suxeitos interesados e/ou eliminaremos a súa información de sitios publicamente accesibles se o borrado dos datos puidera romper sistemas esenciais ou danar os rexistros necesarios para o negocio, desenvolvemento ou arquivo do proxecto de código aberto WordPress.

Se queres solicitar o borrado da túa conta e os datos asociados a ela, por favor, segue estes pasos:

  1. Visita https://wordpress.org/about/privacy/data-erasure-request/.
  2. Introduce o teu enderezo de correo electrónico.
  3. Fai clc “Acepto a declaración e solicito o borrado permanente da conta$#8221;.

Nota: Se tes unha conta en WP.org, recoméndase que inicies a sesión antes do envío para asociar a túa conta á solicitude.

Dereitos relacionados coa túa información

É posible que teñas certos dereitos baixo as leis de protección de datos relacionados coa información persoal que gardamos sobre ti. En particular, podes ter dereito a:

  • solicitar unha copia da información persoal que temos sobre ti;
  • solicitarnos que actualicemos a información persoal que temos sobre ti, ou en todo caso corrixir aquela información persoal que creas que é incorrecta ou incompleta;
  • solicita que eliminemos a información persoal que temos sobre ti nos sistemas activos, ou que restrinxamos a forma en que usamos dita información persoal (para información sobre eliminación de arquivos, consulta a sección “Conservación de información persoal”);
  • opoñerte a que procesemos a túa información persoal; e/ou
  • retirar o teu consentemento para que procesemos a túa información persoal (smpre que ese procesamento se basee no consentemento e o consentemento sexa a única base permisible para o procesamento).

Se queres exercer estes dereitos ou saber se estes dereitos se aplican no teu caso, por favor segue as instrucións ao final deste manifesto de Privacidade.

Ligazóns de terceiros

A nosa web pode conter ligazóns a outras webs ofrecidas por terceiros que non están baixo o noso control. Cando segues unha ligazón e ofreces información a unha web de terceiros, por favor, ten en conta que nós non somos responsables dos datos fornecidos a ese terceiro. Esta política de privacidade só se aplica ás páxinas web mencionadas ao comezo deste documento, así que cando visites outras webs, incluso logo de facer clic nunha ligazón publicada en WordPress.org, deberías ler as súas propias políticas de privacidade.

Estadísticas acumuladas

WordPress.org pode recopilar estadísticas sobre o comportamento dos visitantes das túas webs. Por exemplo, WordPress.org pode revelar cantas descargas recibiu unha versión en particular, ou dicir que plugins son máis populares en base aos controis de api.wordpress.org, un servicio web empregadp polas instalacións de WordPress para verificar novas versións de WordPress e complementos. Porén, WordPress.org non divulga información de identificación persoal que non sexa a que se describe nesta política.

Cookies

Adicionalmente, tamén se recolle automaticamente información sobre o xeito no que usas a nosa web empregando “cookies”. As cookies son arquivos de texto que se gardan no teu ordenador para recoller información estándar das conexións o do comportamento dos visitantes. Esta información emprégase para facer un seguemento do uso da web por parte do usuario e para compilar informes estatísticos sobre a actividade da web.

Por favor, vai a nosa política de cookies para máis información acerca das cookies que se recopilan en WordPress.org.

Cambios na política de privacidade

Aínda que a maioría dos cambios polo seral son menores, WordPress.org pode cambiar a súa política de privacidade de cando en vez, e á única discreción de WordPress.org. WordPress.org anima aos visitantes a revisar frecuentemente esta páxina para ver calquera cambio na súa política de privacidade. O teu uso continuo deste sitio tras calquera cambio nesta política de privacidade constituirá a túa aceptación de tales cambios.

Contacto

Por favor, contacta con nós se tes algunha cuestión relacionada coa nosa política de privacidade ou sobre información que gardamos sobre ti escribíndonos a dpo@wordcamp.org

Creative Commons License