Accesibilidade

A comunidade WordPress e o proxecto de código aberto WordPress comprometese a ser tan inclusivo e accesible como sexa posible. Queremos que os usuarios, independientemente da seu dispositivo ou habilidade, sexan capaces de publicar contido e manter unha web ou aplicación creada con WordPress.

WordPress intenta facer que a administración de WordPress e os temas pre-instalados cumpran o estándar WCAG 2.0 AA donde sexa posible.

Todas as novas actualizacións do código de WordPress deben cumprir estas directrices e os estándares de accesibilidade na programación de WordPress. Algunhas características e funcionalidades actualmente en desenvolvemento pode que non os cumpran completamente, e os problemas conocidos listanse na sección "accessibility" do trac de WordPress.

Ainda que o proxecto WordPress no poda garantir que todos os temas cumpran, os temas accessibility-ready foron revisados polo equipo de revisión de temas para asegurar que estes temas pasan os seus requisitos básicos de accesibilidade.

O equipo de accesibilidade

O equipo de accesibilidade de WordPress ofrece a súa experiencia en accesibilidade ao proxecto para mellorar a accesibilidade do núcleo de WordPress e os seus recursos.

O manual de accesibilidade comparte as mellores prácticas para a accesibilidade web, unha lista de ferramentas de accesibilidade, as probas que facemos para mellorar WordPress, temas e plugins, e cómo involucrarte na accesibilidade de WordPress.

Para informar dun problema de accesibilidade que encontres en WordPress ou en WordPress.org, por favor, revisa a páxina do manual de accesibilidade sobre informar de problemas de accesibilidade.

Manifesto ATAG

A version 2.0 da Authoring Tool Accessibility Guidelines, ou ATAG, é un conxunto de pautas sobre como crear unha ferramenta para crear páxinas web que sexa accesible e que promova a creación de contido accesible.

Os estándares de accesibilidade na programación de WordPress requiren código novo ou actualizado para cumprir cos estándares da versión 2.0 da Web Content Accessibility Guidelines (WCAG, Guías de accesbilidade para contido web) ao nivel AA. O cumprimento de ATAG é un obxectivo adicional, máis aló do cumprimento WCAG.

Unha aplicación que se axuste por completo a ATAG 2.0 non só debe ser usable para persoas con discapacidade, senón que debe permitir e animar aos usuarios a crear contido accesible e axudalos a corrixir erros de accesibilidade, sen ter que recorrer a ferramentas ou módulos adicionais.

Actualmente WordPress non cumpre con ATAG 2.0, pero comprométese a ser deseñar funcionalidades que sexan accesibles e que axuden aos ususarios a crear contido accesible, co obxectivo a longo prazo de chegar a cumprir ATAG.