Folla de ruta

WordPress está en continuo desenvolvemento. Actualmente estase a traballar na fase 2 do proxecto Gutenberg. O proxecto Gutenberg é unha reinterpretación da forma na que xestionamos o contido da web. O seu obxectivo é ampliar o acceso a presencia na web, que é unha das bases do éxito das empresas modernas. A fase 1 foi o novo editor de bloques, que foi lanzada en WordPress 5.0, podes velo en acción aquí . Ao longo do 2020 centrarémonos na edición completa do sitio mentres seguimos avanzando na fase 2.

Para 2020, o proxecto tamén ten as seguintes 7 prioridades, como describiu enesta entrada a directora executiva do proxecto Josepha Haden:

  • Crear un bloque para os menús de navegación.
  • Cre un directorio de WordPress. org para descubrir bloques e unha forma de instalalos sen problemas.
  • Proporcionar unha forma para que os usuarios opten polas actualizacións automáticas de temas e complementos.
  • Ofrecer un modo de que os temas rexistren visualmente ás áreas de contido e as expoñan en Gutenberg.
  • Actualiza as áreas de edicións de widgets e o personalizador para que sexan compatibles cos bloques.
  • Proporcionar unha forma para que os usuarios opten polas actualizacións automáticas de temas e complementos.
  • Forme un equipo de Triaxe para abordar os nosos 6,500 problemas abertos en Trac .

Queres involucrarte? Vai a Make WordPress! Sempre podemos utilizar máis persoas para axudar a traducir, deseñar, documentar, desenvolver e comercializar WordPress.

Versións planeadas actualmente

Estes son os lanzamentos actuais e as ligazóns aos seus fitos respectivos no noso seguimento de problemas . Calquera data proxectada é para fins de discusión e planificación, e reafirmarase a medida que nos acheguemos á publicación.

Versión Planificado
5.7 (Trac) Marzo 2021
5.8 Xuño 2021
5.9 Setembro 2021
6.0 Decembro 2021

Para máis información sobre a programación de versións prevista, por favor, le a entrada de Make WordPress Core sobre o calendario provisional de versións para 2020-2021.

O mes antes dunha nova versión as novas características conxélanse e o foco está completamente en asegurar a calidade da versión eliminando erros, refinando o código e solucionando calquera erro de rendemento.

Pode ver unha descrición xeral das versións anteriores na nosa páxina de historial .

Folla de ruta a longo prazo

Aínda que se espera que, polo menos, a fase 2 de Gutenberg continúe ata 2020, xa hai plans para as fases 3 e 4. Durante o«Estado da Palabra» de WordCamp US 2019, Matt compartiu a seguinte visión para as fases en Gutenberg:

As catro fases de Gutenberg

  1. Edición máis sinxela — Xa dispoñible en WordPress, con próximas melloras
  2. Personalización — Edición completa do sitio, patróns de bloques, directorio de bloques e temas baseados en bloques
  3. Colaboración — Unha forma máis intuitiva de coautoría dos contidos
  4. Multilingüe — Implementación do núcleo para sitios multilingües